Amosando publicacións coa etiqueta ano 2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ano 2014. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de abril de 2020

FRAGA DAS REIGADAS ( A PONTENOVA)




Trátase dunha das máis fermosas rutas da provincia de Lugo. Sitúase dentro da área "Río Eo. O Oscos-Terras de Burón" declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO no ano 2007.
É unha fraga moi ben conservada cunha gran variedade de árbores, fervenzas, muíños, pontes...
   
  Características:                                
Distancia: 12 km. aprox.
Dificultade: media
Ruta lineal

Descripción
A ruta iniciase na aldea de Barreiros que pertence á parroquia de S. Pedro de Bogo. 

Barreiros, inicio da ruta
 Esta aldea sitúase a unha altitude de 800m.polo que baixaremos unha forte pendiente.

Camiñando á beira do río Reigadas:


Tamén houbo algunha caída:(sen consecuencias)


Tamén atopamos fervenzas:


E muíños:

Ouriceiras(son construccións de pedra circulares para gardar os ourizos das castañas no mesmo souto onde se recollen e así protexelas dos animais como o porco bravo):


A fermosura desta ruta. Dá a sensación de que en calquera momento vai aparecer unha fada:


Chegamos á Ferrería de Bogo que foi moi importante no S.XVI e conserva aínda boa parte das súas edificacións en bo estado, nun entorno moi fermoso.
Ferrería de Bogo
No Machuco, onde se atopa a Casa de Turismo rural Casa Fidalgo demos a ruta por acabada

Oficialmente, a ruta chega ata a aldea de A Ermida que serían uns 4km. máis. Nós decidimos rematala aquí porque o traxecto máis fermoso xa o fixéramos e ademais dende aquí a ruta está sen sinalizar.

Para rematar, comemos no restaurante A Mina na Pontenova.

Para máis información, pincha aquí

RUTA PONTE SEGADE- AUGAS CAÍDAS (MAÑÓN- A CORUÑA)

         





                                                      Ponte Segade

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude:12 km. aprox. (Ida e volta)
Dificultade: baixa
Ruta lineal.  Mal sinalizada  nalgún tramo


DESCRIPCIÓN:

O inicio desta ruta está en Ponte Segade, concello de Mañón(A Coruña)
A ubicación AQUÍ:
Empezando a ruta, en Ponte Segade.
Ponte Segade é unha área recreativa cunha espléndida carballeira á beira do río Sor. Ten barbacoas, mesas, tobogáns, columpios...todo no medio de exuberantes castiñeiros, carballos, bidueiras que producen unha boa sombra buscada no verán. Cruzando a carretera tamén hai un pequeno bar. 
Ademais de camiñar, xogamos coma nenos.

Na área recreativa de Ponte Segade

Lugar sensacional para un xantar

Deixando o río Sor á nosa dereita, iniciamos a ruta que nos primeiros kilómetros é moi doada.
Estes cans acompañáronnos todo o camiño:


Chegamos ao refuxio Salustio e aquí cruzamos o río e estaremos na provincia de Lugo (O río Sor é unha fronteira natural entre Lugo e A Coruña)

Refuxio Salustio

A partires de aquí, o camiño sepárase un pouco do río e nós...perdémonos!!

Démonos conta que cada vez nos alonxábamos máis do río e eso non nos cadraba! Atravesando polo medio da maleza voltamos ao río (Aquí está a ruta sen sinalizar por eso é fácil perderse. Hai que ter sempre como referencia o río. Sempre temos que ir á súa beira)
 O río Seixo precipítase por unha parede de granito dende uns 90 m. de altura sobre o río Sor, formando a fervenza de Augas Caídas.

Fervenza de Augas Caídas con moi pouca auga

Fixemos equilibrios sobre as pedra do río.

A partires de aquí, decidimos subir ata o nacemento da cascada onde hai unha pequena área recreativa e o miradoiro do Couce . Fixémolo a través dun estreito sendeiro en zig zag e cunha forte pendente pero o traxecto é curtiño.
Unha axudiña sempre vén ben!

Subindo dende a fervenza

E aquí enriba decidimos comer os nosos bocatas.

Ao rematar de comer e despois de decansar un pouco, toca baixar


E volver a Ponte Segade por onde viñeramos.
Facendo un alto xa de volta



Xa chegando a Ponte Segade de novo:

Esta ruta realizouse no ano 2014 . O grupo estaba empezando a camiñar!!