Amosando publicacións coa etiqueta ruta de baixa montaña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ruta de baixa montaña. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de maio de 2020

FRAGA DA BECERREIRA. TRABADA PR-G 81

Por 2ª vez imos a Trabada que xa dixen no post da primeira ruta que é o concello da provincia de Lugo con máis rutas homologadas: 5 nada menos!
Se a Ruta de Vilapena nos gustara, esta encantounos!!
Vaia ruta máis fermosa que discorre toda ela por unha fraga que parece de conto con ábores autóctonos, regatos, pontes de madeira, fontes, escaleiras....unha fermosura!!

CARACTERÍSTICAS:
Lonxitude. 6 km.
Dificultade: media-baixa
Ruta circular ben sinalizada.
O track en WIKILOC

DESCRIPCIÓN:
Para o comenzo desta ruta temos que ir ata aldea de Cima de Vila en Trabada e coller a carretera que vai a Riotorto (LU-P-5506) Despois do 1º km. atopamos a aldea de Cima de Vila, continuamos e a 1km. onde se cruza esta carretera coa vella que ía a Riotorto, á esquerda, están os dous paneis informativos das rutas PR-G81 e Pr-G82 xa que parten do mesmo sitio e comparten o 1º tramo do percorrido.
 Ubicación, AQUÍ
NOTA: Esta ruta foi editada a día 24 de setembro de 2022 xa que volvín realizala no día de hoxe. Nótese a diferenza no cambio de vexetación de facela no inverno (en 2018) e facela ás portas do outono deste presente 2022.

Aparcadoiro

A moi poucos metros do aparcadoiro, a pista bifúrcase. OLLO! Hai que pillar á esquerda. Aínda que hai un sinal, está colocado bastante abaixo e hai que fixarse para velo.
(Foto de setembro-2022)

A ruta vai por unha pista ancha bordeada de eucaliptos pola que teremos que voltar.

Chegamos á ruta de verdade!! Aquí empeza o fermoso!!

O regato Vilapercide vai acompañarnos case todo o percorrido:

As Gimenas son unhas criaturas misteriosas que habitan estas fragas. Nós non vimos ningunha!

A Fonte das Gimenas:
Fonte das Gimenas
Agora chegamos a un cruce onde a ruta se fai circular, subiremos por un lado e baixaremos polo outro. Nós optamos por coller á dereita, xa que pensamos que a subida é máis levadeira por este lado e ademais preferimos subir sempre ao principio, que imos menos cansos.
Cruce.

Atravesando unha ponte sobre o regato de Vilapercide:


Axudando a cruzar. Aquí non hai ponte:

Unha fraga preciosa!!
 
A humidade e frondosidade da fraga:
(Foto de setembro-2022)


O regato Vilaparcide baixa con forza:

Subimos estas escaleiras tan rústicas:





Pontes ben rústicas:




Agora empezamos a subir pero de xeito suave, en zig zag:

Unha corda pode axudar a subir ou a baixar (depende do sentido da ruta)
Corda de axuda


Chegamos ás pozas da Becerreira:
Vale moito a pena desviarse, (apenas serán 30 metros) e chegarse a ver estas fermosas pozas situadas nun entorno único de paz onde só escoitarás o son da auga e algún paxaro. Hai que chegar ata a última (son 2 e están case pegadas) xa que é a máis fermosa e en días de moita calor aínda nos podemos remollar.
A 1ª poza (Foto de setembro de 2022)

A 2ª poza (foto de setembro de 2022)

Seguimos subindo entre esta marabillosa fraga:
(Foto de setembro -2022)

Ata chegar a  As Liñeiras e aquí sepáranse as dúas rutas que ata agora compartiron o mesmo tramo. Nós pillamos á esquerda.

Empezamos a baixar e topamos coa Fonte do Acivro

Fonte do Acivro (Foto de setembro-2022)

Fonte do Acivro (Foto de setembro-2022)


Cruzamos por un precioso bosque de acivros (de aí o nome da fonte)
Bosque de acivros

Bosque de acivros

Seguimos cunha intensa baixada! Esta ruta non toca para nada o asfalto nin se oe traza humana algunha.
Fraga da Becerreira (Foto de setembro-2022)

Moito coidado coa baixada se está mollado o chan!!
(Foto de setembro-2022)
E chegamos ao punto de inicio:

Comemos en Trabada no restaurante "Camiño Norte":


sábado, 25 de abril de 2020

RUTA FORCÓN DE LOS RÍOS -SANTA EULALIA DE OSCOS (ASTURIAS)

Volve o noso pequeno grupo e digo pequeno porque só fomos 6 persoas a esta ruta, a Santa Eulalia de Oscos.. De tódolos xeitos eu non concibo o sendeirismo con grupos de xente que pasen de 18/20 persoas. Ver facendo sendeirismo a un gran número de persoas ao mesmo tempo prodúceme rechazo, opino que o sendeirismo debe ser todo o contrario a unha aglomeración, aínda que esta sexa pequena(non falamos de centos de persoas , claro) pero máis de 20 a mín xa me parecen moitas. O sendeirismo require silenzo, contemplación, tranquilidade....con moita xente...imposible.

A 1ª ruta que realizamos neste concello foi a da Seimeira e agora imos desfrutar do Forcón dos ríos, chamada así porque "forcón" significa cruce e nesta ruta veremos o cruce dos ríos Villanueva e Barcia. É unha ruta de gran valor etnográfico e natural. Xa sabemos que estas terras pertencen á Reserva da Biosfera.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA

Lonxitude: 13km.
Dificultade: media-baixa
Ruta circular ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:
Esta ruta parte de Santa Eulalia de Oscos precioso concello no que antiguamente tuvo unha gran importancia a industria do ferro e a agricultura e gandería e actualmente, as subvencións oficiais nutridas de fondos europeos, permitiron a rehabilitación das casas e apertura de museos para captar o turismo rural e cultural dado que o concello conta cun gran valor etnográfico e natural.

Santa Eulalia de Oscos
Ubicación de Santa Eulalia de Oscos.
A ruta comenza ao pé da casa da cultura. Pincha AQUÍ para ver onde comenza a ruta
Fixemos esta ruta un frío día de decembro do 2015. Vaia xeada que había!!



Deunos moita pena este burriño. Pobre... que frío debía ter!

Fomos en dirección a Millarado:


Millarado:

Atravesamos unha zona boscosa de carballlos, abidueiras e piñeiros por unha pista de formigón:

E o sol sae por fin:


Atravesamos unha ponte:

Chegamos a Vega del Carro:

E pasamos pola capela do Carmen

 Iniciamos unha baixada e vemos colmeas:

E seguimos baixando cara ao forcón dos ríos:


O forcón dos ríos:

E ímonos achegando á aldea de A Valía:



A Valía é unha aldea restaurada a medias:




Agora o camiño ascende para chegar ata S. Xulián:

E chegamos a S. Xulián unha aldea con moi poucos habitantes:


E ao pouco chegamos a Caraduxe, que conta aprox. con 9 habitantes e está case todo restaurado:


e dende aquí por carretera chegamos deseguida ao inicio da ruta.

A ruta en WIKILOC: (Club acivro)