Amosando publicacións coa etiqueta ano 2017. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ano 2017. Amosar todas as publicacións

sábado, 2 de maio de 2020

RUTA TRES BISPOS ( CERVANTES-OS ANCARES)

A coñecidísima ruta de Tres Bispos é unha das máis realizadas nos Ancares porque para ser de montaña non é complicada e porque nela atopamos grandes paisaxes.
Nos Ancares podemos atopar montañas de 2000 metros entre frondosos bosques, verdes vales e unha variada fauna de pitas do monte(ao borde da extinción), xabaríns, lobos, raposos...por algo esta zona está declarada Reserva da Biosfera.  É un lugar para perderse na natureza e para desfrutala no seu máximo grao.
 A comarca de Os Ancares está situada entre as provincias de Lugo e León e fai de fronteira natural entre as dúas provincias. 
Esta zona foi habitada polos Celtas que se refuxiaron nestas montañas fuxindo dos romanos. Proba desto son a grande cantidade de castros que hai.
Ao estar lonxe das cidades e debido ao intrincado dos seus vales e montañas, Os Ancares tivo sempre un aislamento que favoreceu a supervivencia de tradicións e dunha arquitectura popular representada sobre todo nos cabozos e nas pallozas.
Para realizar esta ruta temos que ir ata o concello de Cervantes, na provincia de Lugo. Dende a aldea de Degrada, collemos unha desviación para chegar ao albergue dos Ancares, de onde parte a ruta.
Situación do Concello de Cervantes na provincia de Lugo:
Mapa provincia de Lugo

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 16km.
Dificultade: media

Ruta circular ben sinalizada agás na Campa dos Tres Bispos.

DESCRIPCIÓN:
A ruta empeza AQUÍ

Estamos en Campo da Braña onde se atopa o albergue "Os Ancares" a 1420m de altitude. Nós fixemos esta ruta no ano 2017 e ao ano seguinte seica este albergue pechou.


Uns poucos metros máis abaixo, colleremos á esquerda

As vistas dende o albergue:


Os primeiro metros da ruta transcorren por carretera asfaltada en suave subida e despois pasa a ser pista de terra, moi cómoda:


Na Campa de Ortigosa descansamos un pouco:

Vistas chegando á Campa dos Bispos:

Na Campa dos Bispos. Aquí era onde din que se xuntaban os bispos de Astorga, León e Lugo para tratar os seus asuntos. De aí o nome do lugar.
Houbo xente do grupo (os homes, todos) que se animaron a subir ao Pico Tres Bispos e as mulleres agardamos abaixo, na campa.
Campa tres Bispos, ao fondo o camiño para subir ao Pico

Campa Tres Bispos
Subindo a Tres Bispos:
Aló enriba, parecen formiguiñas, van os homes

Estas intentárono pero deron a volta
Esperando que baixaran os homes(tardaron sobre unha hora en ir e volver)

Seica merece a pena subir ao Pico de Tres Bispos a 1.795m. de altura polas vistas en 360º que hai do val leonés da Serra dos Ancares así como de Somiedo, Pena ubiña, Leitariegos, O Mustallar... así que temos que volver facer esta ruta para subir os que no 2017 non o fixemos.

Para facer a ruta circular, hai que ir segundo se baixa de Tres Picos, por un sendeiro á esquerda ou vindo do albergue, na Campa pillar á dereita. Aquí a sinalización non estaba clara e o sendeiro non se percibía ben. Unha vez localizado hai que seguilo a través dunha carballeira:

Ata chega á Golada da Vara, onde comemos:



Imos cara á Cabanavella:



E pasamos por un precioso bosque de acivros:



E coincidimos ao final nun pequeno tramo que fixemos á subida.

Pois é unha pena esta noticia ,nós aínda tomamos alí o café ao rematar a ruta. A noticia AQUÍ:

venres, 1 de maio de 2020

RUTA COSTA DE O VICEDO. PR-G156

Esta ruta sae do porto de O Vicedo e percorre unha parte importante da costa deste concello pasando por varias praias e subindo ao miradoiro das Laxes.

A ruta en WIKILOC:

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude: 10,5 km.
Dificultade: baixa
Ruta lineal, ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:

A ruta sae do porto de O Vicedo:

Deseguida atopamos entre as árbores a praia de Vidreiro:


A continuación pasamos por unha praia que non ten nada que envexar a unha das do Caribe, unha cala moi pequena onde o mar ten unha cor especial. É a praia de Caolín:
Vense os restos dunha edificación: era unha fábrica de salazón


Bordeamos as praias anteriores por un camiño empedrado:

Vendo a costa:

O sendeiro alónxase un pouco do mar:

Xa vemos a praia de Xilloi, moito máis grande que as anteriores e a máis coñecida de O Vicedo:
Xilloi é unha praia moi abrigada e destacan as súas augas azuis.


Baixando para a praia de Xilloi:

Fixemos un alto nesta praia:

Un pequeno río atravesa a praia. Ao fondo, Estaca de Bares.
Seguimos a nosa ruta:

Agora alonxámonos da beira do mar:

Pero axiña volvemos divisalo:

Por este camiño subimos
E xa vemos a Illa Coelleira, a maior das illas do Cantábrico galego. Está coronada por un faro e aí houbo un mosteiro de monxes benedíctinos que foi arrasado polas incursións normandas, tan habituales nestas costas. Debe o seu nome a que antiguamente había moitos coellos.
Illa Coelleira
 Estamos no Miradoiro de as Laxes dende onde as vistas á Illa Coelleira son inmellorables. Observamos aquí algo que chamou moito a nosa atención: aparellos de xinnasia, deses que hai en moitos parques pensados para que se exerciten sobre todo as persoas de certa idade. Tendo en conta que para subir aí non hai carretera se non a pista pola que nós subimos, que é bastante empinada e está a uns cantos km. da carretera non entendemos que fan aí eses aparellos que ninguén pode usar. Como se tira o diñeiro ás veces...

Agora toca baixar:

Cruzamos a carretera e xa queda pouco:

Atravesamos veigas:


E ata vimos avestruces:

Chegando á praia de Area Grande, onde remata a ruta:


O entorno desta praia é precioso!!:


Praia de Area Grande:


Comemos en Casa Fanego, moi afamada polo ben que se come e polo servizo, din. Nós saimos algo decepcionados, había moitísima xente, puxéronos nuna carpa e o calor era insoportable!!!A comida tampouco nos pareceu nada do outro mundo...O que houbese tanta aglomeración penso que non axudou nada...