Amosando publicacións coa etiqueta Mañón. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mañón. Amosar todas as publicacións

martes, 1 de xuño de 2021

RIBEIRAS DO BISPO - AUGAS CAÍDAS (MAÑÓN- A CORUÑA) PR-G 204

 O concello de Mañón é o máis septentrional de España pois aquí está o cabo de Estaca de Bares que é o punto máis ao norte da península Ibérica. O municipio é unha estreita e longa franxa de terreo entre as provincias de Lugo e a Coruña ocupando Mañón a parte occidental do río Sor que fai de fronteira natural entre as dúas provincias. A capital deste municipio é O Barqueiro.

O río Sor é neste concello un fermosísimo espazo natural onde a cor verde e as árbores autóctonas máis variadas se dan cita para conformar unha ruta de sendeirismo espectacular e ademais moi fácil. 

Nós xa fixéramos hai 7 anos a ruta Ponte Segade- Augas Caídas. Daquela a ruta non estaba homologada e carecía da sinalización suficiente, aínda así nós demos subido ao mirador de O Couce por un sendeiro cheo de maleza e en absoluto preparado como o que hai agora.

Esta ruta pódese ver no enlace seguinte:

Rutas de sendeirismo: RUTA PONTE SEGADE- AUGAS CAÍDAS (MAÑÓN- A CORUÑA)

O track da ruta da que imos falar, está ao final.

Características:

Lonxitude: 12,1 km.

Dificultade: fácil

Ruta lineal perfectamente sinalizada.

Descripción:

A ruta empeza AQUÍ

Empezamos pegados ao río Sor:


Aos 400m. da saída xa atopamos o 1º refuxio: o de Ribeiras do Bispo. 

No pasado, este refuxio foi un muíño como se pode observar na canalización e dentro do mesmo aínda está o rodicio:
Aquí o Sor baixa con forza:

Todo é verde e frondoso:

Moitísimas especies de árbores autóctonas medran ás beiras do río:


Nalgunha zona, xa empezan a facer acto de presenza os eucaliptos:

A ruta está moi ben acondicionada e sinalizada:

Refuxio de Cascón por dentro:

E por fóra:
Refuxio de Cascón

Continuamos o noso camiñar entre frondosa vexetación e pegados ao Sor:

E xa chegando a Ponte Segade, imos pola estrada uns 200m:


A área recreativa de Ponte Segade foi unha das primeiras acondicionadas para desfrutar e conservar o patrimonio natural desta zona:


Despois de descansar e picotear algo, seguimos ruta por estes paraxes tan fermosos:




E vovemos ver outra zona onde o eucalipto ameaza:

Ao pouco, chegamos ao Refuxio de Salustio:

Agora cruzamos a ponte e estamos xa na provincia de Lugo, no concello de O Vicedo:

Camiñaremos durante 500m. aprox. por esta pista forestal:

E logo por este camiño uns metros máis:


Ata chegar ao refuxio de Fonte Cubelas:

Volvemos de novo a camiñar pegados ao río:

E atopamos este muíño restaurado:

Por esta ponte cruzaremos agora ao outro lado:

Tamén atopamos os restos dunha ouriceira (lugar pechado onde se gardaban os ourizos das castañas para protexelos dos posibles ataques de animais)

Despois dun pequeno percorrido en zig zag, chegamos á fervenza de Augas Caídas:

O rego O Seixo salva un importante desnivel e produce esta fervenza que cae no Landro:


Agora empeza unha empinada pero curta subida que non supón ningún perigo xa que hai pasamáns para agarrarse:


Ao chegar arriba (onde deixarámos un coche) hai un mirador e unha área recreativa: O Couce. Neste fermoso e recóndito lugar foi onde comemos.

Este é o lugar onde o Seixo se atopa co desnivel no terreo e produce a fervenza:

Área recreativa de O Couce
 
Dende aquí hai un fabuloso miradoiro que nos permite ver o Sor encaixonado entre as montañas da serra da Coriscada:



Powered by Wikiloc


domingo, 12 de abril de 2020

RUTA PONTE SEGADE- AUGAS CAÍDAS (MAÑÓN- A CORUÑA)

         





                                                      Ponte Segade

CARACTERÍSTICAS DA RUTA:
Lonxitude:12 km. aprox. (Ida e volta)
Dificultade: baixa
Ruta lineal.  Mal sinalizada  nalgún tramo


DESCRIPCIÓN:

O inicio desta ruta está en Ponte Segade, concello de Mañón(A Coruña)
A ubicación AQUÍ:
Empezando a ruta, en Ponte Segade.
Ponte Segade é unha área recreativa cunha espléndida carballeira á beira do río Sor. Ten barbacoas, mesas, tobogáns, columpios...todo no medio de exuberantes castiñeiros, carballos, bidueiras que producen unha boa sombra buscada no verán. Cruzando a carretera tamén hai un pequeno bar. 
Ademais de camiñar, xogamos coma nenos.

Na área recreativa de Ponte Segade

Lugar sensacional para un xantar

Deixando o río Sor á nosa dereita, iniciamos a ruta que nos primeiros kilómetros é moi doada.
Estes cans acompañáronnos todo o camiño:


Chegamos ao refuxio Salustio e aquí cruzamos o río e estaremos na provincia de Lugo (O río Sor é unha fronteira natural entre Lugo e A Coruña)

Refuxio Salustio

A partires de aquí, o camiño sepárase un pouco do río e nós...perdémonos!!

Démonos conta que cada vez nos alonxábamos máis do río e eso non nos cadraba! Atravesando polo medio da maleza voltamos ao río (Aquí está a ruta sen sinalizar por eso é fácil perderse. Hai que ter sempre como referencia o río. Sempre temos que ir á súa beira)
 O río Seixo precipítase por unha parede de granito dende uns 90 m. de altura sobre o río Sor, formando a fervenza de Augas Caídas.

Fervenza de Augas Caídas con moi pouca auga

Fixemos equilibrios sobre as pedra do río.

A partires de aquí, decidimos subir ata o nacemento da cascada onde hai unha pequena área recreativa e o miradoiro do Couce . Fixémolo a través dun estreito sendeiro en zig zag e cunha forte pendente pero o traxecto é curtiño.
Unha axudiña sempre vén ben!

Subindo dende a fervenza

E aquí enriba decidimos comer os nosos bocatas.

Ao rematar de comer e despois de decansar un pouco, toca baixar


E volver a Ponte Segade por onde viñeramos.
Facendo un alto xa de volta



Xa chegando a Ponte Segade de novo:

Esta ruta realizouse no ano 2014 . O grupo estaba empezando a camiñar!!