Amosando publicacións coa etiqueta Ano 2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ano 2018. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de maio de 2020

RUTA DA PEDRA E DA AUGA (MEIS- RIBADUMIA) PR-G170

Esta ruta é un dos catro sendeiros da Rede "Rutas do Salnés" en pleno corazón das Rías Baixas. A ruta forma parte dos municipios de Meis e Ribadumia, vai á beira do río Armenteira e veremos máis de 30 muíños no percorrido. Era a antigua vereda que daba servizo aos muíños e era ademais empregada polos romeiros que o luns de Pascua se achegaban ao Mosteiro de Santa Mª de Armenteira.
É unha ruta moi fácil, moi ben sinalizada e coidada e moi concurrida.

CARACTERÍSTICAS DA RUTA: 
Lonxitude: 8,2 km.
Dificultade: fácil
Ruta lineal ben sinalizada.

DESCRIPCIÓN:

Ao ser lineal, podemos empezar a ruta en Meis ou en Ribadumia. Nós empezamos en Meis porque hai un tramo bastante pendiente cerca de Armenteira e así baixamos en vez de subir. Resultounos moito máis fácil así.
A ubicación do comenzo da ruta , AQUÍ: 

Primeiro estivemos vendo o Mosteiro de Armenteira. Este mosteiro foi fundado no S. XII polo abade S. Ero e deseguida pasou a pertencer á Orde Cisterciense; actualmente está habitado por monxas desta Orde. O mosteiro sufriu no S. XV certa decadencia e no S. XIX debido á desamortización dos bens da igrexa , os monxes teñen que abandoar o mosteiro. A partires dese momento os edificios salvo a igrexa van desmoronándose. Ata que no ano 1961 un fillo do escritor Valle Inclán funda a asociación "Amigos de Armenteira" e leva a cabo unha gran parte da restauración. Do primitivo mosteiro só se conserva a igrexa románica.
A fachada da igrexa co rosetón é o máis importante dela

A igrexa por dentro

O claustro

O mosteiro está enclavado en plena natureza, nun fermoso val

A uns poucos metros do mosteiro empeza a ruta da Pedra e da Auga:


O río Armenteira vai acompañarnos todo o camiño:
Río Armenteira

Empezamos a meternos no precioso sendeiro

É unha ruta moi coidada

No primeiro tramo e debido á pendente é onde atopamos a maior cantidade de muíños, son os Muíños de Armenteira:




A ruta é toda ela moi fermosa:



E chegamos a unha área recreativa chamada Aldea Labrega xa que representa a vida cotiá dunha aldea galega de principios de século. Ten unha igrexa, un hórreo, un cruceiro, un forno e animais domésticos. As figuras son de granito e foron realizadas todas elas pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra:
A aldea labrega

Distintas figuras da aldea labrega

Os porcos

O hórreo, o carro, o pozo...
O camiño vólvese máis cha cada vez:

Seguimos atopando muíños.  Son os de Serén. Todos están restaurados:

E lavadoiros:
E outra área recreativa:
Unha ruta moi relaxante:

As parras do viño Barrantes!
Pontes ben rústicas:
O río Armenteira sempre con nós:


Chegando a Barrantes(Ribadumia) a ruta vai por carretera uns metros, por debaixo da vía rápida do Salnés:



E xa estamos chegando ao final da ruta.Os muíños deste tramo son os muíños de Barrantes


Xantamos en Cambados e despois de comer aínda demos un pequeno paseo:








domingo, 10 de maio de 2020

PENA ABALADOIRA+FERVENZA DO ESCOURIDAL (ALFOZ)



Imos, nesta ocasión, ao concello de Alfoz para desfrutar dunha moi interesante e diferente ruta que oficialmente e tal como aparece na páxina web do concello ten 18km.apro.(solo ida) porque parte do Castelo de Castro de Ouro, pasa por varias parroquias, case todo por asfalto ata chegar á Pena Abaladoira.
A nós non nos convencía nada este xeito de facela: por asfalto e con subida larga e forte ata chegar á S. do Xistral polo que fixemos outra ruta que agora tamén está homologada e sinalizada e que une dous paraxes ben significativos do concello: a Pedra Abaladoira e a Fervenza do Escouridal acondicionada recentemente. E para facela máis fácil partimos de arriba para abaixo. A ruta é lineal e deixamos un coche na Fervenza.
CARACTERÍSTICAS DA RUTA.
Lonxitude: 8km.
Dificultade : baixa
Ruta lineal con mala sinalización nalgúns tramos.
DESCRIPCIÓN:
Partimos polo tanto de plena Serra do Xistral onde está o panel da ruta (na carretera LU-P-0101)
A  ubicación do comenzo da ruta, AQUÍ
A Serra do Xistral, moi cerca do mar Cantábrico, ten unha altura moderada pero a entrada de vento e de nubes procedentes do Cantábrico fan que o entorno desta Serra sexa un lugar inhóspito e duro para vivir. A paisaxe que aquí encotramos lembra ás montañas do norte de Inglaterra e de Escandinavia: grandes turbeiras envoltas moitas vece pola néboa onde non vive ningún ser humano. Só cabalos e vacas pastan aquí en total liberdade. O vento é moi aproveitado e actualmente hai multitude de xeradores eólicos. As aldeas máis  próximas sitúanse varios km. máis abaixo , a menor altitude onde as temperaturas son máis benignas.

Serra do Xistral


En plena Serra do Xistral empeza a ruta


A ruta é sinxela empezando na S. do Xistral: imos baixar sempre.
Pisando as turbeiras

Deseguida se chega á Pedra Abaladoira: é un bolo granítico de forma oval asentada sobre roca viva e que se abanea cun lixeiro impulso. Foi empleada dende tempos inmemoriales con fins máxicos e relixiosos. Se queres saber máis sobre esta Pena, pincha AQUÍ

A Pena Abaladoira


As grandes rochas predominan no primeiro tramo da ruta:
O sendeire descende suavemente:


Podemos ver a costa Cantábrica incluido o mar:

O camiño, de momento, está ben sinalizado:

Vemos unha vagoada. Único lugar onde medran árbores:

Hai que atravesar o rego:





O gando en liberdade:

Por esta zona, a ruta estaba mal sinalizada. Moitos postes caeran pola acción do vento e /ou do gando e o sendeiro non está definido:


Agora , o camiño non ten perda:


Xa estamos ben abaixo, aparecen os primeiros prados:
Seguimos baixando:


Aquí atopamos o camiño pechado con arames(para que o gando non escape) Hai que apartar os postes para poder pasar:

Xa estamos no val. A paisaxe cambiou por completo:


Chegamos a un cruce: collemos á dereita.

Imos por esta carretera uns 50m:

E collemos este carreiro ancho:

Que ao pouco se vai estreitando:

Chegamos a outo cruce e aquí pillamos á esquerda:

Aparece agora unha paisaxe máis aberta:

Na aldea de Faián:


E MOITA ATENCIÓN a este cruce que pode levar a engano. Se collemos á dereita imos directamente ao paking sen pasar pola fervenza do Escouridal. Para ir directamente á fervenza, collemos á esquerda:
Se queremos ir á fervenza, non podemos ir ao inicio de ruta. Despois volveremos pasar por aquí

Coller cara arriba, á esquerda!!

Non hai que seguir esta carretera ata esas edificacións de ladrillo, antes collemos un camiño que baixa á dereita:


Frente ao  cruceiro da Caxigueira, collemos o camiño:
Vemos ao lonxe a aldea pola que non pasamos:
Chegando á Fervenza do Escouridal. Xa podemos vela:
Baixando á fervenza:



Fervenza do Escouridal. Cae dende uns 80 m. de altura formando parte do río Guifonso(afluente do Ouro) Esta fervenza separa os concellos de Alfoz e Valadouro e está considerada a fervenza máis alta de Galicia.

A partires de aquí, voltamos pola pista por onde viñeramos e chegaremos a onde deixaramos os coches (uns 2km. aprox.)