Amosando publicacións coa etiqueta Abadín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Abadín. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de agosto de 2026

REGO DO PORTO DO CAL/ PENA EN EQUILIBRIO/ SUBESTACIÓN LABRADA. (MONDOÑEDO/ABADÍN)

 Nesta ruta andiven por cerca do Coto do Cal, unha pequena montaña de 804 m. de altitude situada na Serra da Toxiza e que serve de fronteira entre os concellos de Mondoñedo e Abadín. Non subín ata a cima, queda pendente para outra ocasión. Así e todo, quedoume unha ruta ben chula que desfrutei moito.

Características da ruta:

Lonxitude: 12,8 km.

Dificultade: fácil.

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descrición :

O punto de inicio e fin desta ruta é nun cruce do que tamén partín para facer unha ruta pola Serra da Toxiza, está entre as aldeas de Tronceda e Estelo (Mondoñedo), moi preto do cemiterio destas dúas aldeas. Aquí hai sinais da "Ruta Arqueolóxica" e da "Fraga Vella"

Inicio e fin de ruta

De frente Estelo, que pertence á parroquia dos Remedios e ten menos de 50 habitantes.

Estelo

Empezo a camiñar por unha pista en chao. Á miña esquerda vai o Rego do Cal ben se nota pola diferente e abundante vexetación que vai un río ou un rego.

Á esquerda, vai o Rego do Cal

Un pouquiño máis adiante atravesamos o rego anterior. (Por derriba da pista)

Rego do Cal

Mirando cara atrás vemos a Serra da Toxiza con algo de néboa nos picos.

Seguimos pola pista ancha e, á dereita, o camiño polo que despois baixarei.

Á dereita, camiño de volta

Atopo unhas vacas deitadas no camiño que, ao verme, fuxen cara ao monte.

Fermosa vista de Estelo e a súa contorna.

A ruta, de momento, non ten ningunha dificultade. Camiño por pista ben acondicionada e sen desniveis.

Xa empezan as amoras a madurar. Estas froitas poden proceder de dous xéneros distintos de vexetais con trazos fenotípicos moi dispares entre si:

  • Morus, as moreiras, árbores da familia das moráceas.
  • Rubus, as silveiras, arbustos  espiñentos da familia das rosáceas, especialmente algunhas especies.
  • Ambos os dous xéneros botan amoras, porén non son a mesma froitaEn total existen máis de 300 especies de amoras diferentes.
  • A cor varía conforme a amora vai madurecendo, comezando cun ton abrancazado verdoso pasando ao vermello para finalmente acadar o negro ou púrpura escuro.
  • A amora de silveira (x. Rubus), converteuse nunha froita moi popular en pastelaría xa sexa para a preparación de sobremesas, marmeladas, xeleas e, ás veces, zumes, viños e licores. Porén non é a única especie de amora empregada. En Galiza o seu uso industrial aínda non é moi popular.
  • Destas últimas, as máis comúns, son as da foto, as amoras das silveiras:
Amoras madurando

Os piñeiros que vemos están todos enfermos da banda marrón, unha praga provocada por un fungo que fai que caian as agullas e queden as árbores espidas e acaban por secar. O que me chamou moito a atención foi que o monte está repoboandose el só de acivros que nacen espontaneamente. O solo da Serra da Toxiza xunto co clima húmido e as choivas da zona forman o hábitat ideal para o acivro.

Ao quedar os piñeiros sen follas a luz do sol entra mellor no chan e esto activa as sementes dos acivros.

Acivros no medio dos piñeiros enfermos

Onde se ve a frondosa vexetación vai o Rego de Estelo, ao pé da aldea.

A pista pasa ao pé da Pena en Equilibrio. Como se ve na foto, a pena da dereita, garda o que semella un difícil equilibrio xa que se apoia nun único punto.
Pena en equilibrio

Os piñeiros están enfermos e xa secos a maioría pero a natureza segue o seu curso e, ademais de acivros, tamén vemos carballos medrando de xeito espontáneo.
Carballos nacendo entre piñeiros.

Un acivro cheo de froitos verdes que acadaron no inverno a cor vermella tan característica. Son moi prezados polas aves pero tóxicos para os humanos.

                                                       Acivros cheos de froitos

Saio do bosque e ábrese unha paisaxe que me resulta moi coñecida porque o ano pasado, 2025, fixen unha ruta que pasaba por aquí. Foi esta: Pedras e Prados


Cando fixen a ruta, que tamén pasaba por aquí, subín ata os eólicos todo pola pista que se ve.


Desta vez, atallei pillando un camiño á dereita.


Estou a subir polo Coto do Canelo.

Hai que chegar onde están os aeroxeradores que se ven porque por aí vai a pista, de momento atopo un peche con arames pero non dou sacado o que pecha nin dou levantado o pau polo que optei por pasar por debaixo sen problema.

                                                        Peche de arames

Deseguida atopo outro peche e saio pola construcción de madeira preparada para que pase o gando.


Percorro agora esta pista que xa coñezo da ruta da que xa escribín.



Dende 680m. de altitude, un dos dous puntos máis altos da ruta, (o outro virá despois) teño estas vistas á man esquerda.


Ao lonxe vemos a aldea de Os Prados que pertence á parroquia de Labrada en  Abadín e é que xa estamos neste concello.



Collemos á dereita pasando ao pé da Subestación de Labrada (Abadín)


Atopo Herba de Santiago que medra normalmente en espazos abertos e en terreos con certo grao de humidade. Florea dende maio ata novembro . En galego tamén se chama "Herba do Sapo".
É unha planta herbácea, coñecida dende hai tempo polas súas propiedades tóxicas, especialmente no gando.
Herba de Santiago

Este tramo tamén o percorrín na ruta que chamei "Pedras e Prados" Aqui o terreo forma unha ampla extensión de terreo ondulado, con suaves lombas.

Á dereita, os aeroxeradores polos que acabo de pasar e en 1º termo, cabalos pastando.

Tamén as vacas pastan nesta enorme extensión.



Ao pé da pradeira anterior, na beira da pista, hai unha fonte e unha grella recubertas de pedra.

A pista que se ve á dereita leva á Subestación Eléctrica Terral e ao Pico do Porto do cal. Outro día, subirei por aí.

Durante 500m. vou polo mesmo camiño da ida pero agora torzo á esquerda por este camiño de monte.

Paisaxe que vexo voltando a vista atrás, parte do camiño xa percorrido.

Este lugar semella ser o "paraíso da rochas", atopo moitas e de diversos tamaños. Non hai que esquencer que estou na parte baixa da Serra da Toxiza, que se caracteriza toda ela por ter grandes rochas graníticas.

A seguinte imaxe amosa os piñeiros enfermos pola banda marrón e máis abaixo, máis verdor, máis vida xunto ao Rego do Cabo.

Atopo outro peche de arames que despecho con facilidade.

As rochas asomando por tódolos lados e a néboa que agora ao anoitecer se vai achegando. Estamos no punto máis alto desta ruta: a 687m. de altitude.

Empezo agora unha baixada, ás veces bastante pronunciada.

Como se nota que aquí pastan animais! Aínda que non vexo ningún neste momento, nótase no chan, non hai maleza senón herba.

O camiño que trouxen desemboca na pista anterior de ida.

A néboa vai chegando a Estelo.

Agora, durante 1´3 km. a ruta comparte tramo de ida e de volta.

En Mondoñedo teñen a sorte de conservar aínda grandes masas de bosque autóctono.

Unha vaca parece esperarme ou está a gardarme o coche!

Páxinas web consultadas:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Amora

https://gl.wikipedia.org/wiki/Herba_de_Santiago













xoves, 9 de abril de 2026

NACEMENTO DO EUME. SERRA DO XISTRAL

Fixera, hai un tempo, unha ruta que pasaba non moi lonxe do nacemento do río Eume. Daquela, propúxenme que un día sí que iría ata ese río que empezaba a nacer. Hoxe foi o día.

Parte do traxecto desta ruta coincide co que xa fixera pero dá igual, as rutas polo Xistral, a pesares dos Eólicos, a min sempre me reconfortan porque sempre son distintas, solitarias e fermosas.

Características da ruta:

Lonxitude: 10km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en WIKILOC

Descripción:

A  ruta empeza e remata cerca da aldea de A Arca (parroquia de Montouto) no concello de Abadín.

Deixamos o coche nunha beira da estrada pola que chegamos, xusto ao pé da pista ao Parque Eólico. Por esa pista empeza a camiñata.



Empezamos a ruta a bastante altitude, a o redor dos 800m, e as vistas son xa fabulosas.

Varias aldeas polas que vimos de pasar no coche esténdense ao longo do val.

O contraste entre o ceo, o mar e as montañas:

Ao fondo, a Serra da Toxiza  e o Cantábrico.


Imos subindo pero de xeito moderado. O desnivel é pouco e no cansa.


Vemos un rabaño de ovellas. É a 1ª vez, nas rutas que levo feitas no Xistral, que vexo gando ovino.


É frecuente ver cabalos. Estamos no Carranco a 929m. o punto máis alto da ruta.


Foto tomada dende Os Altos do Fiouco a 908m. onde se ve o val da parroquia de Montouto.

En canto damos a volta á montaña, aparece diante de nós o canón que o río Eume forma entre as montañas e, ao lonxe, a estrada pola que despois iremos para achegarnos a el.

Estamos no Parque Eólico do Fiouco e alí embaixo vemos a Subestación pola que despois pasaremos. (As subestacións son centros neurálxicos onde se recolle a enerxía dos aeroxeradores transformando a media tensión en alta para o seu transporte)

Teremos que percorrer toda esa pista para achegarnos ao río Eume.

Estamos nunha valgada ou valga e encamiñámonos por ela cara ao río.


De lonxe, chamaba moito a atención este aparello. Cando nos fomos achegando descubrimos que é unha estación meteorolóxica automática que acostuman a colocarse en zonas abertas como na que estamos para recoller datos fiables sobre a meteoroloxía e, dado que estamos nun parque eólico, é moi probable que se use tamén para estudos de vento .
Estación meteorolóxica automática 

E aquí temos o Eume recén nacido case, cando aínda é  un rego.
Río Eume



O proxecto Life In Common Land  que xurde no 2017  liderado pola Deputación de Lugo e no que participan as Universidades de A Coruña e de Santiago, involucra a 11 montes veciñais de Muras, O Valadouro,  Xove, Ourol, Viveiro e Abadín e aposta por unha gandería extensiva de vacas e cabalos para recuperar os hábitats da Serra: as turbeiras de cobertor, as turbeiras altas activas e os brezais. Dito proxecto rematou no 2022.

Por ese rego que se ve na foto vai o Eume trazando o seu percorrido. Quédalle un longo camiño...

Voltamos ata subestación polo mesmo camiño da ida (este tramo de ida e volta ten 4,1km.)

Agora a pista xa é asfaltada. Atravesamos prados pola zona baixa da Serra.

Pasamos cerca das aldeas de A Laxe, Vaqueriza...pero non entraremos nelas como fixen na outra ruta.

Deixamos o asfalto pillando o camiño que está en 1º plano.

Seguimos por este camiño que notamos que ten uso agrícola.

Pasamos por Arca e vemos a súa cruz á beira da estrada. A cruz está rota ou inacabada.

Arca é a capital da parroquia de Montouto. Aínda non chega a 20 habitantes.

Dende A  Arca ata onde temos o coche hai algo menos de 1km.