Amosando publicacións coa etiqueta ruta costeira.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ruta costeira.. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de agosto de 2026

PRAIAS DE CUDILLERO. RUTA CIRCULAR EN BAIXAMAR.

 Ningunha ruta en Cudillero me defraudou e levo feitas unhas cuantas. Esta non ía ser menos e foi unha ruta costeira que me encantou, primeiro percorrendo tres praias pola mesma beira do mar aproveitando a baixamar, e despois contemplándoas dende arriba, pola senda que hai habilitada.

Estou na parroquia de Oviñana pola que vai transcorrer toda a ruta.

Características da ruta:

Lonxitude: 7,4 km.

Dificultade: difícil. Pola parte pegada ao mar, esta ruta é complicada xa que hai zonas nas que hai que camiñar por derriba de grandes pedras, algunhas delas moi esvaradías.

Ruta circular. O meu track en WIKILOC

Descrición:

Esta ruta ten inicio e fin cerca da Praia La Vallina, concretamente onde remata a estrada asfaltada, ao pé dos Apartamentos La Ribera.

Apartamentos La Ribera

Nesta bifurcación, pillamos a pista da esquerda e voltaremos despois pola dereita.

Hai algún coche que baixa aínda por aquí, pero son moi poucos os que o fan.

Baixada á praia La Vallina

A 1ª vista da praia La vallina, que eu xa coñecía doutra ruta.

Praia La Vallina

Non podía faltar o banco!! A verdade é que este ten unhas vistas case inmellorables! Atoparei varios ao longo da camiñata.

O Monte de Valdredo á esquerda. Polo camiño que se pode ver na foto baixamos o día que fixemos a ruta: Acantilados de Cabo Vídio+Oviñana+Bosque de Valdredo

Monte Valdredo

Un muíño moi cerca da praia. É o Muíño de Prudencio.

                                                             Muíño de Prudencio

Aínda se conserva a canle que seguramente daba auga aos dous muíños.
Antiga canle para levar auga aos muíños

Pontella que nos permite cruzar o Rego de Vívigo.

Rego de Vívigo

O seguinte muíño está na mesma praia, é o Muíño da Vallina ou do Llano ou de Pulido.

Muíño da Vallina, o do Llano ou de Pulido

O Rego de Vívido desemboca na praia:

Rego de Vívigo desembocando na praia.

Fermosísima e illada esta praia da Vallina!! Ao fondo, Punta do Esquitón.

Praia da Vallina

Atopamos pequenas covas no baixo dos acantilados provocadas pola erosión que a auga e o vento vai producindo ao longo de milleiros de anos.

As covas nos acantilados

O día está espectacular para camiñar. Ao fondo, Cabo Vídio.
Cabo Vídio dende praia La Vallina

Temos que ir cruzando por aqui, ás veces case mollándonos nas pequenas pozas.


Fermosa imaxe coas gaivotas pousadas nas rochas.

Califico esta ruta como difícil porque é complicado pasar por derriba destes penedos. Estaban moi esvaradíos. Nalgúns momentos tiven que andar a gatas para asegurar un bon agarre.

En pasando por derriba destas pedras aparecerá outra praia.

É a Praia La Cueva, tamén moi illada e rodeada de acantilados. Pertence á parroquia de Oviñana e ten un acceso en zig zag con moito desnivel por un carreiro que se pode ver na imaxe.
Praia La Cueva

O día que fixen esta ruta, o mar estaba espectacular, quieto e transparente. Moito me pesou non haber levado un traxe de baño!!
Praia La Cueva

Seguido cara ao leste hai que seguir atravesando por derriba das rochas.

A diferenza entre o paso da praia de A Vallina a da Cueva e entre a da Cueva e á que chegaremos agora, a de Peñadoria, é que as rochas no 1º caso son moito máis esvaradías.
Rochas polas que hai que camiñar.

Unha maxestuosa rocha chegando xa á última praia:

Temos xa moi cerca o Cabo Vídio. Estamos xa na praia de Peña Doria, tamén da parroquia de Oviñana. Se ledes algo sobre esta praia e sobre as anteriores, veñen calificadas como moi pouco aptas para o baño polo vento e forte ondaxe. A verdade é que o día de hoxe non cumple esas condicións. Parecen praias do Caribe!!
Praia de Peñadoria

Todas estas praias polas que vou pasando están protexidas dentro da paraxe natural da Costa Occidental e catalogadas como Paisaxe Protexida ZEPA e LIC.

Dende esta última praia antes de Cabo Vídio (máis para aló non se pode seguir xa que os enormes acantilados que rodean o cabo, impídeno) accedín á parte superior a traves dun carreiro en zig zag.
Acceso á praia de Perñadoria.
Aínda que na foto seguinte non se apreza ben, en torno ao Faro de Cabo Vídio hai bastante xente. Nas praias abaixo, moi pouca, e facendo a ruta coma mín, ninguén.
Faro de Cabo Vídio.

Fermosa imaxe da Praia de Peñadoria vista dende arriba e o Faro do Cabo Vídio.
Praia de Peñadoira

Aquí vese ben o acceso á praia de Peñadoria:
Acceso á praia de Peñadoria

GR-204 E-9, ou Senda Costeira, é un sendeiro de Gran Percorrido que segue a costa de Asturias dende Bustio (na fronteira con Cantabria) ata A Veiga. Camiño agora por este sendeiro.
Senda GR- 204/E9

Vistas ás praias de Cueva e A Vallina e o acceso á praia A Cueva.
Acceso á praia La Cueva e vistas desta praia e La Vallina

Esta lancha foi o pesqueiro Aldebarán que empezou a faenar en 1964. No 2014 deuse de baixa para toda actividade pesqueira e foi donado ao concello de Cudillero polo seu dono. Despois dunha completa restauración, no 2015 foi exposto neste lugar.
Pesqueiro Aldebarán.

Na pequena área recreativa onde se atopa o barco anterior temos tamén un banco con boas vistas:

Das tres praias polas que pasei non sabería con cal quedarme porque as trres son preciosas, salvaxes e illadas como a min me gustan, pero esta de A Cueva en forma de cuncha e con esa auga transparente, namoroume.

A fermosa praia de La Cueva

 Moitas veces, o mar Cantábrico amosa ao pé destes acantilados a súa faceta  máis brava. Hoxe está tan calmado que semella outro mar. Os acantilados verticais, que acadan os 80 e ata 100 metros de altura, conforman unha paisaxe agreste que se abre a panorámicas de grande amplitude

E estou chegando a outro miradoiro, tal vez o máis espectacular de tódolos que vin pola súa situación na punta dun acantilado, o Miradoiro de Sablón. Dende aí podemos contemplar a totalidade da praia A Vallina e Punta Esquitón cara ao leste e, cara ao oeste, vemos Cabo Vídio e as otras praias.
Miradoiro de Sablón
Atraveso un rego que baixa á praia pola pontella que se ve.

E agora unha subida curta, pero algo dificultosa polo desnivel e as pedras soltas.

Voltando a vista atrás, os dous carreiros de baixada dende o Miradoiro, tanto ten un ca o outro, os dous se xuntan despois.

                                                Aló enriba, miradoiro de Sablón

Seguimos subindo entre toxeiras pero pasamos sen problema.


Unha vista do camiño que traemos pola GR-204/E9  e dos acantilados de Cabo Vídio.

Xa chegando ao punto de inicio, vemos o lugar onde está o coche.


Fermosísimas hoxe estas praias de Cudillero. Na foto, a da Vallina.



E xa chego ao último miradoiro que ten, non un, senón dous bancos. O que está en 1º plano foi colocado este ano 2026 en homenaxe  por parte dos veciños de Oviñana a un rapaz da zona que cariñosamente chamaban Bruce. De feito, no banco pode lerse "Gracias por tanto, Bruce"


Vistas a Oviñana, unha parroquia que non chega aos 600 habitantes (bueno, agora no verán ao mellor os sobrepasa amplamente) Durante toda esta ruta non saín desta parroquia, así que é ben fermosa e ten moito que ver!!


Xa no inicio/fin de ruta, o camiño polo que antes baixei á praia e os sinais da GR-204/E9.



Páxina web consultada:
https://www.barcelo.com/guia-turismo/es/




















luns, 27 de xullo de 2026

CAMIÑO VELLO A S. ANDRÉS DE TEIXIDO DENDE O MIRADOIRO CHAO DO MONTE

 No concello de Cedeira, na estrada que vai  a S. Andrés de Teixido, a 360m. sobre o nivel do mar, hai unha pequena zona cha acompañada dunha área recreativa e un espazo grande para aparcar. Trátase do Miradoiro Chao do Monte. Aquí empezo unha ruta curta, pero ben fermosa e interesante. 

Características da ruta:

Lonxitude: 4,6 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular sen sinalizar. O meu track en Wikiloc

Descripción:

Estamos na Serra da Capelada, nun lugar excepcional polas amplas e marabillosas panorámicas que dende aquí podemos contemplar.

Aló embaixo, á nosa dereita queda S. Andrés de Teixido e ao lonxe os acantilados de Herbeira. Dende Chao do Monte parte unha ruta que nos leva ata o santuario de S. Andrés, eso si, cunha baixada con forte desnivel. Este non é hoxe o meu obxectivo.

S. Andrés, aló ao fondo

Estamos nun dos poucos sitios do mundo onde se poden pisar rochas de Manto, unha parte inferior da Terra que pode chegar a atoparse a máis de 70km. de profundidade. Múltiples rochas dunha fermosa cor aparecen por todas partes neste miradoiro de Chao do Monte.
Rochas calizas erosionadas

Estamos ante un bosque petrificado, pero de rochas calizas erosionadas. Ditos afloramentos rochosos esparexidos polo entorno do Miradoiro Chao do Monte conforman un relevo e unha xeomorfoloxía moi singulares e pouco frecuentes en Galicia. O certo é que o elevado contido en ferro e magnesio destos conxuntos rochosos determinan a particular forma dun terreo tremendamente accidentado.
Peridotitas e o Atlántico de fondo

A zona do Miradoiro de Chao do Monte é unha das xoias do Xeoparque de Cabo Ortegal.
As rochas que se ven  son peridotitas, rochas ultramáficas que proveñen do manto da terra. Vémolas con ese ton oxidado e esas gretas debido a que sufriron un proceso de oxidación ao estar expostas aos elementos (auga, sol, vento...) No seu estado fresco, estas rochas son de cor verde oscuro ou grisaceo.
.
Percorrendo toda esta zona do miradoiro, dende un punto temos estas impresionantes vista á Punta Tarroiba, a enseada de S. Andrés e Punta Robaleira e os seus impresionantes acantilados.
Enseada de S. Andrés, Punta Tarroiba e Punta Robaleira.

Despois de facer un completo percorrido polo entorno do miradoiro (vale moito a pena) dirixo os meus pasos cara un sinal de "Ruta dos Peiraos" que une Cedeira con S. André de Teixido. Estou improvisando esta ruta que non traía planificada e non sigo tampouco ningún track.

No entorno do Miradoiro, hai unha área recreativa con mesas e bancos.

Vexo o sinal da "Ruta dos Peiraos" que pasa por aquí cara a S. Andrés de Teixido e que vén dende Cedeira.
Ruta dos Peiraos

Agora o camiño vai entre toxos baixos, propios de zonas costeiras. Mellor pantalón largo se non queres pinchar algo as pernas, porque ás veces o carreiro é estreito.

Achégome ao Miradoiro de Cortés que ten vistas á Enseada de S. Andrés e Punta Torroiba, que xa vin antes.

O camiño segue entre toxos e non está ben definido porque hai varios ramales. Algunha rocha ten frechas amarelas que hai que seguir.


Seguen aparecendo rochas peridotitas.

Deseguida desembocamos nun ancho camiño onde se nota que andiveron sacando madeira e de feito estaban cortando piñeiros moi cerca.

O anterior camiño, se seguimos á dereita, lévanos pola Ruta dos Peiraos pero eu quero facer unha ruta circular e curta, así que me dirixo á esquerda e a uns metros xa está a estrada a S. Andrés.

Despois de camiñar uns metros por esta estrada, pillo outra á esquerda

Estrada que leva a Reboredo e outras aldeas:

Despois de 1km. pola anterior estrada, pillo á esquerda para iniciar un tramo chamado "Antigo Camiño a S. Andrés", o orixinal, o primeiro do que hai noticia fidedigna, é o que sigueu o ilustrado Padre Sarmiento en 1755. Este escritor e erudito benedictino, que pasara a súa  nenez e parte da súa xuventude en Pontevedra, interesouse como ningún outro no seu tempo por todo o galego, en especial pola lingua e a xeografía, ata tal punto que ía anotando nun caderno os nomes exactos dos lugares polos que andaba. Grazas a eso, hoxe pode seguirse sen dificultade o camino que fixo. Bueno, e grazas tamén á Diputación de A Coruña, que o sinalizou en 2001 con monolitos de granito  nos que un peixe vermello indica a dirección correcta. 


Este "vello Camiño" desemboca de novo na estrada que vai a S. Andrés, sen dúbida moito máis moderna.

É típico e mi normal ver cabalos e bestas ao redor da estrada e nos montes próximos. Estás tan afeitos á xente que nin se inmutan cando pasas ao pé deles, nin temen aos vehículos.

Xa de novo en Chao do Monte vexo un milladoiro, un montículo de pedras pequenas amontoadas a través do tempo polos romeiros e peregrinos que se dirixían a algún santuario relixioso.


Fermosas paisaxes que contemplamos de novo en Chao do Monte.


Páxinas web empregadas:

https://www.elespanol.com/

https://viajandoconcienciahome.wordpress.com/

https://elpais.com/elviajero/escapadas/