No concello de Cedeira, na estrada que vai a S. Andrés de Teixido, a 360m. sobre o nivel do mar, hai unha pequena zona cha acompañada dunha área recreativa e un espazo grande para aparcar. Trátase do Miradoiro Chao do Monte. Aquí empezo unha ruta curta, pero ben fermosa e interesante.
Características da ruta:
Lonxitude: 4,6 km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O meu track en Wikiloc
Descripción:
Estamos na Serra da Capelada, nun lugar excepcional polas amplas e marabillosas panorámicas que dende aquí podemos contemplar.
Aló embaixo, á nosa dereita queda S. Andrés de Teixido e ao lonxe os acantilados de Herbeira. Dende Chao do Monte parte unha ruta que nos leva ata o santuario de S. Andrés, eso si, cunha baixada con forte desnivel. Este non é hoxe o meu obxectivo.
 |
| S. Andrés, aló ao fondo |
Estamos nun dos poucos sitios do mundo onde se poden pisar rochas de Manto, unha parte inferior da Terra que pode chegar a atoparse a máis de 70km. de profundidade. Múltiples rochas dunha fermosa cor aparecen por todas partes neste miradoiro de Chao do Monte.
 |
| Rochas calizas erosionadas |
Estamos ante un bosque petrificado, pero de rochas calizas erosionadas. Ditos afloramentos rochosos esparexidos polo entorno do Miradoiro Chao do Monte conforman un relevo e unha xeomorfoloxía moi singulares e pouco frecuentes en Galicia. O certo é que o elevado contido en ferro e magnesio destos conxuntos rochosos determinan a particular forma dun terreo tremendamente accidentado.
 |
| Peridotitas e o Atlántico de fondo |
A zona do Miradoiro de Chao do Monte é unha das xoias do Xeoparque de Cabo Ortegal.As rochas que se ven son peridotitas, rochas ultramáficas que proveñen do manto da terra. Vémolas con ese ton oxidado e esas gretas debido a que sufriron un proceso de oxidación ao estar expostas aos elementos (auga, sol, vento...) No seu estado fresco, estas rochas son de cor verde oscuro ou grisaceo.
 |
| . |
Percorrendo toda esta zona do miradoiro, dende un punto temos estas impresionantes vista á Punta Tarroiba, a enseada de S. Andrés e Punta Robaleira e os seus impresionantes acantilados.
 |
| Enseada de S. Andrés, Punta Tarroiba e Punta Robaleira. |
Despois de facer un completo percorrido polo entorno do miradoiro (vale moito a pena) dirixo os meus pasos cara un sinal de "Ruta dos Peiraos" que une Cedeira con S. André de Teixido. Estou improvisando esta ruta que non traía planificada e non sigo tampouco ningún track.
No entorno do Miradoiro, hai unha área recreativa con mesas e bancos.
Vexo o sinal da "Ruta dos Peiraos" que pasa por aquí cara a S. Andrés de Teixido e que vén dende Cedeira.
 |
| Ruta dos Peiraos |
Agora o camiño vai entre toxos baixos, propios de zonas costeiras. Mellor pantalón largo se non queres pinchar algo as pernas, porque ás veces o carreiro é estreito.
Achégome ao Miradoiro de Cortés que ten vistas á Enseada de S. Andrés e Punta Torroiba, que xa vin antes.
O camiño segue entre toxos e non está ben definido porque hai varios ramales. Algunha rocha ten frechas amarelas que hai que seguir.
Seguen aparecendo rochas peridotitas.Deseguida desembocamos nun ancho camiño onde se nota que andiveron sacando madeira e de feito estaban cortando piñeiros moi cerca.
O anterior camiño, se seguimos á dereita, lévanos pola Ruta dos Peiraos pero eu quero facer unha ruta circular e curta, así que me dirixo á esquerda e a uns metros xa está a estrada a S. Andrés.
Despois de camiñar uns metros por esta estrada, pillo outra á esquerda
Estrada que leva a Reboredo e outras aldeas:
Despois de 1km. pola anterior estrada, pillo á esquerda para iniciar un tramo chamado
"Antigo Camiño a S. Andrés", o orixinal, o primeiro do que hai noticia fidedigna, é o que sigueu o ilustrado Padre Sarmiento en 1755. Este escritor e erudito benedictino, que pasara a súa nenez e parte da súa xuventude en Pontevedra, interesouse como ningún outro no seu tempo por todo o galego, en especial pola lingua e a xeografía, ata tal punto que ía anotando nun caderno os nomes exactos dos lugares polos que andaba. Grazas a eso, hoxe pode seguirse sen dificultade o camino que fixo. Bueno, e grazas tamén á Diputación de A Coruña, que o sinalizou en 2001 con monolitos de granito nos que un peixe vermello indica a dirección correcta.
Este "vello Camiño" desemboca de novo na estrada que vai a S. Andrés, sen dúbida moito máis moderna.
É típico e mi normal ver cabalos e bestas ao redor da estrada e nos montes próximos. Estás tan afeitos á xente que nin se inmutan cando pasas ao pé deles, nin temen aos vehículos.
Xa de novo en Chao do Monte vexo un milladoiro, un montículo de pedras pequenas amontoadas a través do tempo polos romeiros e peregrinos que se dirixían a algún santuario relixioso.

Fermosas paisaxes que contemplamos de novo en Chao do Monte.

Páxinas web empregadas:
https://www.elespanol.com/
https://viajandoconcienciahome.wordpress.com/
https://elpais.com/elviajero/escapadas/