Teño feitas varias rutas en Castroverde, todas elas interesantes e fermosas pero esta que traio hoxe só ten ineresante o principio e o final. O percorrido é curto e non atopei nel nada que me chamase a atención. Ou sexa que é unha ruta da que a descrición máis interesante estará ao principio da publicación.
Características:
Lonxitude: 7km.
Dificultade: fácil
Ruta circular sen sinalizar. O track meu en WIKILOC
Descrición:
Santo Estevo de Furís é unha parroquia de Castroverde que destaca pola súa igrexa renacentista con elementos barrocos.
 |
Igrexa de Santo Estevo de Furís
Ao pé da igrexa hai un cruceiro e un elemento arquitectónico que eu nunca vira: trátase dun pousadoiro que é plataforma ou base de pedra ao pé dun cruceiro nos camiños que van ao cemiterio. Durante o cortexo fúnebre, a comitiva parábase aí para que o cura rezase un responso, momento no que se colocaba o féretro sobre esta base para que os portadores descansaran). Actualmente quedan moi poucos. Co nome de pousadoiro tamén se coñece unha pedra ou repisa integrada na parede exterior dunha casa colocada para que unha persoa que levaba calquera peso poidese apoialo e descansar. |
 |
| Cruceiro e pousadoiro. |
O cruceiro e pousadoiro dende outro ángulo:
Tamén aquí, ao pé da igrexa anúnciase unha ruta de 18 km. entre as parroquias de Furís e Páramo que debe ser interesante:
Paso por Furís de Arriba, unha entidade de poboación desta parroquia.E deixo o asfalto para introducirme por un camiño que deixa estas fermosas imaxes de outono:
Vou uns metros pola Vía Romana XIX (antiga calzada romana que comunicaba as cidades de Braga (Portugal) e Astorga (León) pasando por Lugo).
A Vía Romana segue á esquerda e eu continuo de frente.
O máis fermoso deste percorrido xa rematou e durou pouco máis de 1 km. Agora teño unha subida polo medio de eucaliptos. O camiño está ben desbrozado, eso si.
Alégrame a vista esta panorámica ao rematar o monte.
Un pequeno traxecto tamén fermoso aínda que a foto non lle faga xustiza:
A Abelleira é outro lugar da parroquia de Furís.
Seguimos pola estrada durante 1km.
E pasamos por Pereira, outro lugar da parroquia de Furís.
Seguimos pola estrada dende Pereira durante 600m. ata pillar unha pista á esquerda.
Imos por esta pista (tódolos camiños e pistas pecorridos están en perfecto estado)
Imos tendo estas vistas sobre Pereira por onde acabo de pasar.
Amplos horizontes á esquerda:
Estamos en outono e proliferan as landras. A súa cor na árbore é verde pero no outono vólvese de cor marrón. A landra de carballo é consumida por distintos animais bravos como xabarís, esquíos etc., de aí a importancia ecolóxica do carballo. Tamén se emprega como alimento para os porcos.
Esta pista ou camiño polo que vou está recuberto de area. O chan deixanos outra estampa ben típica en outono.
Máis imaxes outonales xa chegando ao final da ruta:
Ningún comentario:
Publicar un comentario