luns, 3 de agosto de 2026

O CADRAMÓN CON NÉBOA

 Fomos ao Cadramón coa intención de chegar ao pico do mesmo nome a máis de 1000m. de altitude, pero non foi posible xa que unha espesa néboa impedía ver nada a medida que íamos subindo polo que optamos por dar a volta no último aeroxerador. Queda pendente facela outro día con mellor tempo!!

Características desta ruta:

Lonxitude: 5, 7 km.

Dificultade: fácil

Ruta circular porque, ao empezar e rematar no mesmo lugar aínda que sexa voltando sobre os nosos pasos como fixemos, considérase que a ruta é circular. O meu track en WIKILOC porque, aínda que eu teño planificada a ruta doutro xeito, pode haber quen queira facela así.

Descrición:

Chegamos co coche ata as oficinas de Acciona Eólica de Galicia (Sociedadede Enerxía Renovable creada en 1997 e que conta con 13 Parques Eólicos operativos na provincia de Lugo)

Ao fondo o cumio da Espita Vella xa aparece cuberto pola néboa....

Xa nos damos conta de que a néboa non se vai retirar, xa é pola tarde e seguro que irá a máis.

Outra imaxe da Espita Vella:

Se o día estivese despexado, as vistas serían fabulosas!!


Por esa pista que vemos temos que subir.


Aló embaixo vemos o río de Pedrido que aínda case é un rego. Máis adiante, en Mondoñedo, vai ser o Valiñadares e despois o Masma.


A medida que subimos, a néboa aumenta.


Imos tranquilos porque camiñamos por unha pista asfaltada e non hai medo, non imos perdernos.


Xa custa ver os cabalos.


Chegamos ao último aeroxerador e remata a pista. Agora habería que ir campo a través por aí abaixo ata atopar un camiño e decidimos non seguir xa que non se ve nada e tampouco é cousa de perderse entre a néboa.


Xa de novo no punto de inicio, despois de desandar o andado. Se fixesemos a ruta que eu levaba planificada, a volta sería por ese camiño que se ve na foto, onde pastan as vacas.
E aquí remata esta ruta que hai que facer outro día que esteña despexado!














Ningún comentario:

Publicar un comentario